robertog.es

Roberto García Paradela

Analista funcional en Coremain, no proxecto Tramita (AMTEGA / Xunta de Galicia). Na rede son rgparadela.

Quen son

Levo máis de quince anos entre desenvolvemento e análise, case sempre en administración pública ou preto. Vivo na área de Vigo. Español e galego de casa; inglés e francés nivel B2.

Empecei en K-Infotec (Madrid, 2009–2010) con LAMP para varios ministerios. En Coremain desde abril de 2010: primeiro desenvolvemento (tamén para PSA/Stellantis); desde 2023, análise funcional en AMTEGA. En CMATI en abril de 2023 e en Tramita desde xuño. Aí fago requisitos con consellarías, deseño de procedementos, priorizo a cola, traballo en Redmine e conecto negocio con IT.

Polo meu lado manteño Tzero (utilidades de tramitación) e o addon LibreOffice Tzero JOOScript Editor, para plantillas ODT con marcadores FreeMarker/JOOScript.

O que uso cada día: PHP, SQL/Oracle, Linux, algo de Java e JavaScript. Interésame o que aforra traballo de verdade: automatización, bots e IA aplicada, sen teatro.

Homelab Sinerxia

Na casa corro un Proxmox con servizos reais: Tzero e MariaDB en Docker (Axudante), n8n, Pi-hole, Home Assistant, Vaultwarden, Ollama, túnel Cloudflare, VPN WireGuard, backups. Úsoo; non é un debuxo de portfolio.

Esquema do homelab Sinerxia: clientes, Cloudflare Tunnel, Axudante, apps, rede e almacenamento
Esquema actual (2026-11-02). Orientativo; sen IPs nin credenciais. Máis detalle en Rede Sinerxia.

No que ando

  • Análise funcional e procedementos electrónicos (Tramita / AMTEGA).
  • PHP, bases de datos e plantillas (Smarty, ODT/JOOScript).
  • Incidencias e evolutivos en Redmine; coordinación con negocio.
  • Antes: Atlantis (Goberno de España), arranque Simyo, LAMP en ministerios.
  • Na casa: Proxmox, Docker, n8n, Telegram, Cloudflare Tunnel.